HomePontevedraO CondadoSalvaterra de Miño pecha 2025 cun balance moi positivo da actividade da...

Salvaterra de Miño pecha 2025 cun balance moi positivo da actividade da súas oficinas de turismo

- Anuncio -spot_img

As dúas oficinas de información turística de Salvaterra de Miño, o Punto de Información Turística (PIT) da Canuda e o Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea / Punto de Información Turística Rías Baixas, veñen de pechar o ano 2025 cun balance moi positivo, tanto en número de visitantes como na actividade xerada arredor do turismo, a cultura e o lecer sostible.

Durante os seis meses de apertura do PIT da Canuda, o servizo de préstamo de bicicletas rexistrou un total de 578 persoas usuarias, consolidándose como un recurso moi demandado tanto pola veciñanza como polos visitantes.

Do total de usuarios e usuarias, 181 persoas están empadroadas en Salvaterra de Miño (31%), maioritariamente veciñanza incorporada recentemente ao padrón municipal.
Ademais, 217 persoas (38 %) proceden da Eurocidade Salvaterra–Monção, reforzando o carácter transfronteirizo do servizo.

Cómpre salientar que 440 persoas usuarias son residentes en Galicia, moitas delas de concellos próximos como Salceda de Caselas ou Vigo, que se desprazaron expresamente ata Salvaterra de Miño para desfrutar deste servizo. O turismo internacional estivo representado por 59 persoas usuarias, das cales 45 foron de nacionalidade portuguesa, o que confirma a forte conexión co país veciño.

Pola súa banda, o Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea rexistrou entre abril e decembro de 2025 un total de 2.425 visitantes, unha cifra que case duplica os datos de 2024 (1.391 visitantes) e que sitúa este exercicio como o segundo mellor ano dende a apertura do museo en 2019, só superado por ese primeiro ano de funcionamento.

Así mesmo, destaca o éxito da actividade do Túnel do Viño da D.O. Rías Baixas, celebrada nas instalacións do museo durante a Festa do Viño do Condado do Tea, que incrementou o número de participantes respecto ás edicións de anos anteriores e reforzou o papel do espazo como referente para o sector vitivinícola e para a promoción enogastronómica do territorio.

Publicacións Relacionadas