HomePontevedraAlegría, diversión e moita música no Baile de Nadal para os maiores...

Alegría, diversión e moita música no Baile de Nadal para os maiores no concello de Soutomaior

- Anuncio -spot_img

Mais de 100 persoas maiores asistiron ao Baile de Nadal que pasada noite de celebrou na Casa do Pobo do Val Sobral, con música, cotillón e chocolate con rosca.

As persoas maiores do concello de Soutomaior gozaron na pasada noite do seu baile de Nadal organizado polo Concello de Soutomaior  na casa do pobo do Val-Sobral.

Foi o Dúo Visión o encargado de poñer o toque musical a esta cita, e tamén os artífices de que todas e todos os movesen o esquelete dende as 18:00 ata as 20:45h.

Unha cita onde non faltaron o temas como “Chacacha del tren” do Consorcio, o Solo te pido de Manolo Escobar, Cada día máis linda de Pimpinela ou o famoso Cavalinho de Pedro Sampaio. Todo, na compañía de cotillón e dun rico chocolate acompañado de rosca e doces de Nadal. As e as persoas que o desexaron tiveron a súa disposición o servizo de autobuses dende Arcade e dende os diferentes barrios de Soutomaior, co fin de que todas e todos desfrutasen deste Baile con comodidade e sen necesidade de levar o seu coche particular.

Foi unha das grandes citas do noso Nadal, na que participaron máis de 100 maiores de 55 anos, unha cita, predecesora dun gran día, o 31 de decembro, que o concello de Soutomaior se prepara para despedir o año cunha programación por todo o  alto na súa Carpa de Nadal instalada en Talo Río.

Deste xeito, ás 17:30h. chegará o espectáculo para público infantil prebadaladas “A bailar para rematar o ano” de Amimart.

E xa a partir das 00:30h. para darlle a benvida ao 2026 dende o concello teñen preparada unha Gran Festa de Fin de Ano. A partir das 00:30h. serán o TRÍO TIC-TAC  os encargados de darlle o toque musical a esta noite tan especial, ás 02:15h será o turno de LA YAYA DJ e ás 4:15h chegará o reto musical con moitas sorpresas. Unha FESTA, de balde , que contará cunha carpa climatizada, roupeiro, cotillón, baile, retos musicais e moitas sorpresas.

Publicacións Relacionadas