HomeOurenseA carreira da San Silvestre Ourensá ocasionará cortes de tráfico no centro...

A carreira da San Silvestre Ourensá ocasionará cortes de tráfico no centro da cidade o mércores 31 pola tarde

- Anuncio -spot_img

A parada de taxis de San Lázaro trasladarase a Xaquín Lorenzo e haberá cambios nos percorridos das liñas 5, 6 e 13 do autobús urbano

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense e o Club Ourense Atletismo, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, organizan este mércores, 31 de decembro, a “X Carreira Popular San Silvestre Ourensá”, con máis de 2.400 atletas inscritos/as. A Policía Local procederá ao corte de tráfico de todas as vías incluídas no seu percorrido desde as 15.00 horas ata que remate a proba.

O itinerario da categoría absoluta (saída ás 16.30 h) percorrerá: rúa do Paseo (Delegación de Defensa), Parque de San Lázaro, Bedoya, Avenida de Bos Aires, Arturo Pérez Serantes, San Francisco, Lúa, Praza do Corrixidor, Praza dos Suaves, Praza do Trigo, Cardenal Cisneros, Hernán Cortés, Xulio Prieto Nespereira, Lugo, Vilar, Praza da Ferrería, Cervantes, Barreira, Praza Maior, Lamas Carvajal e Paseo.

Cambios nos taxis e autobuses

As restricións de tráfico afectarán ao transporte público na cidade:

  • Taxis: A parada do Parque de San Lázaro quedará inoperativa. O servizo trasladarase provisionalmente á rúa Xaquín Lorenzo “Xocas”.
  • Tren de Nadal: Comezará máis tarde do habitual, ás 00 horas.
  • Autobuses Urbanos:
    • Liña 5 (Reza – Ceboliño): Desviarase por Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Avenida de Bos Aires.
    • Liñas 6 (Estación de Autobuses – As Curuxeiras) e 13 (Palmés – A Cuña): Circularán por Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Xoán de Novoa.
    • Nota: En todos os percorridos alternativos utilizaranse as paradas habituais das outras liñas que coincidan no traxecto.

O servizo restablecerase con total normalidade cando remate a proba deportiva.

Publicacións Relacionadas