Home Ourense A actuación da orquestra Kubo requirirá pechar ao tráfico parte da rúa...

A actuación da orquestra Kubo requirirá pechar ao tráfico parte da rúa do Progreso o día 31 de decembro

0
3

A actuación da orquestra Kubo, á 1.00 da madrugada, organizada polo Concello para dar a benvida ao ano 2026, requirirá realizar cortes de tráfico na rúa do Progreso o mércores, 31 de decembro. O dispositivo deseñado pola Policía Local prevé que:

  • ás 15.00 horas pecharase a rúa do Progreso no treito comprendido entre a baixada á Praza de Abastos e a rúa Parada Justel. Este corte é necesario para permitir os traballos de instalación do escenario. Permitirase a circulación de subida por Parada Justel ata as 23.00 horas.
  • ás 23.00 horas, o corte da rúa do Progreso ampliarase desde a baixada á Praza de Abastos ata a rúa da Concordia. Durante este período, o tráfico desviarase pola baixada á Praza de Abastos e a rúa Ervedelo.

O dispositivo manterase ata que finalicen as tarefas de desmontaxe tras a actuación musical e se poida garantir a circulación segura de vehículos e peóns.