A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, martes, 30 de decembro, ás 13.30 horas, no salón de plenos, para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana, con 3 asuntos na orde do día.
Transportes (1). Aprobar os prezos dos títulos multiviaxe no servizo de autobuses urbanos, desde o día 1 de xaneiro até o 31 de decembro de 2026.
Asuntos sociais (1). Aprobar o convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e a entidade Down Ourense para financiar o acondicionamento do inmoble no que presta os servizos a entidade
Servizo de rehabilitación (1). Outorgar unha subvención para as obras de rehabilitación dun inmoble na rúa Hernán Cortés, na área de rehabilitación urbana do centro histórico da cidade.


