HomePontevedraO CondadoO Concello de Ponteareas ultima todos os detalles da San Silvestre Solidaria

O Concello de Ponteareas ultima todos os detalles da San Silvestre Solidaria

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ponteareas celebra este mércores 31 de decembro unha nova edición da Carreira San Silvestre Solidaria, que sairá dende a Praza Maior ás 16:00 horas.

A proba, non competitiva, ten carácter solidario, destinándose a totalidade da recadación á Asociación Española Contra o Cancro (AECC), á que o Concello sumará unha achega solidaria propia, colaborando así no apoio ás persoas afectadas e na loita contra esta enfermidade.

Cortes de tráfico

O concello quere lembrar que, a partir das 16:00 horas, procederase ao peche da circulación de vehículos nas rúas que forman parte do percorrido, entre as que se inclúen: Praza Maior, rúa Esperanza, rúa Morales Hidalgo, rúa Dr. Fernández Vega, rúa Reveriano Soutullo, rúa Salvaterra, rúa Virxe da Luz, rúa Amado Garra, rúa Azorín, avenida Rosalía de Castro, rúa Virxe dos Remedios, rúa Alcalde Daniel Ojea, rúa Alfonso Vázquez Fraile, rúa dos Mestres, Rúa Senén Canido, Praza Bugallal, rúa de Oriente, rúa Sarmiento Rivera, rúa Sauce, Paseo Matutino, rúa Carballos, rúa Castañal, avenida de Galicia e rúa Concha Brei.

Desde a saída da carreira ata a súa finalización non estará permitida a circulación polas rúas afectadas, polo que aquelas persoas veciñas que precisen entrar ou saír co seu vehículo deberán facelo antes do inicio da proba ou unha vez rematada.

O Concello pide desculpas polas posibles molestias ocasionadas e agradece a colaboración da cidadanía, lembrando que estas medidas teñen como obxectivo garantir o bo desenvolvemento do evento e a seguridade de todas e todos.

O concelleiro de Deportes, Nicolás Rodríguez, destacou que “esta cita é moi importante porque une deporte, convivencia e solidariedade. Animamos a todos os veciños e veciñas a participar, xa sexa corréndoa ou animando aos que o farán.
Ademais, ao remate da proba, teremos chocolatada para despedir o ano todos xuntos/as”.

A alcaldesa, Nava Castro, detallou que “unha ocasión máis, Ponteareas volve amosar o seu lado máis solidario, neste caso cunha carreira que ten un importante fin social.

Gracias á colaboración de todas e todos despediremos o ano de forma solidaria cun evento que, estou segura, será moi divertido”.

Publicacións Relacionadas