HomeA CoruñaBergondo reivindica unha sociedade máis xusta, inclusiva e igualitaria no calendario de...

Bergondo reivindica unha sociedade máis xusta, inclusiva e igualitaria no calendario de 2026

- Anuncio -spot_img

· Nos diferentes meses do ano visibilízase o proxecto municipal de sensibilización cidadá ‘Bancos para a xustiza social.

O Concello de Bergondo repartiu, casa por casa, o calendario para 2026 que este ano se titula ‘Contando historias a través do mobiliario urbano’ e no que se visibiliza o proxecto municipal de sensibilización cidadá ‘Bancos para a xustiza social’.

‘Bancos para a xustiza social’ é unha iniciativa impulsada polo Concello no ano 2023. Tras un piloto no que se creou de maneira colaborativa un banco pola igualdade, levou a cabo a intervención sobre nove pezas máis en colaboración coa artista local Iria Fafián.

O deseño realizouse de forma colaborativa, partindo de talleres abertos que contaron coa colaboración de entidades que traballan de maneira específica cos colectivos interpelados. Así, o banco convértese nun elemento para sensibilizar sobre os dereitos de todas as persoas e reivindicar unha sociedade máis xusta, inclusiva e igualitaria.

Cada mes está dedicado a un deses bancos: o da igualdade, o da lectura, o do medio ambiente, o da diversidade sexual, o da diversidade cultural, o da mocidade, o da saúde mental, o das persoas maiores, o da infancia, e o da diversidade funcional. Ademais, en xaneiro e febreiro destácase o acto de presentación do proxecto e o traballo nos talleres comunitarios.

Desde o Concello lémbrase que as persoas que desexen outro calendario, para entregar a familiares e/o amigos, poden solicitalo na casa do concello.

Publicacións Relacionadas