HomeA CoruñaO PP pide transparencia ante a tramitación acelerada da oposición de enxeñeiro...

O PP pide transparencia ante a tramitación acelerada da oposición de enxeñeiro en Culleredo

- Anuncio -spot_img

• Reprochan ao alcalde que tente desacreditar ao secretario para “tapar” as dúbidas sobre o proceso selectivo

• Rioboo escúdase en que “non houbo intervención política” e tacha o aviso do secretario de “voto illado” para minimizalo

• “Cando o máximo responsable xurídico do Concello deixa unha alerta por escrito, a obrigación é aclaralo, non atacalo”, afirma Izaskun García

O Partido Popular de Culleredo solicita transparencia e explicacións #ante a tramitación acelerada do proceso selectivo para unha praza de enxeñeiro industrial funcionario de carreira, despois de que conste un voto particular do secretario municipal –máxima autoridade xurídica do Concello e secretario do tribunal na devandita oposición– no que deixa reflectidas observacións sobre posibles irregularidades no segundo exercicio que, ao seu xuízo, deberían ser aclaradas antes de dar o asunto por resolto.
Nese voto particular, o secretario municipal expón por escrito coincidencias entre o exame do aspirante con maior puntuación e o persoal de respostas elaborada polo tribunal, en aspectos como estrutura, contidos e formato, e expón medidas no marco do propio procedemento, como a exclusión do candidato para evitar unha posible nulidade do proceso. A portavoz municipal do PP, Izaskun García, insiste en que “non estamos #ante un debate político inventado, senón #ante un documento oficial” e reclama que o goberno local “actúe con claridade, sen présas e explicando que ocorreu, non tapando as dúbidas”.
O PP critica, ademais, o comportamento do alcalde, José Ramón Rioboo, durante o pleno ordinario celebrado onte, o último de 2025. Segundo os populares, Rioboo tratou de restar valor ao contido do voto particular do secretario e puxo o foco en que se trata dunha posición minoritaria dentro do tribunal. “Cando o máximo responsable xurídico do Concello deixa unha alerta por escrito, cando levanta unha bandeira vermella, a obrigación é aclaralo, non atacalo”, afirma García, quen reprocha a Rioboo que reducise o asunto a unha discusión de maiorías con expresións como “isto é 6 contra 1”.
Os populares sinalan que, durante o pleno, tanto Rioboo como a concelleira de Persoal, Marta Figueroa, sostiveron que “non hai base” para cuestionar a validez do procedemento nin a actuación do goberno municipal, e que “non houbo intervención política” no proceso selectivo. Para o PP, esa formulación “non substitúe á transparencia” cando existe un voto particular que aconsella aclaracións: “Gobernar non é dicir ‘eu non estaba’, é responder cando hai dúbidas razoables e un documento oficial que pide explicacións”, apunta Izaskun García.
Por último, o PP pon o foco na tramitación posterior e critica a présa do goberno municipal por pechar o proceso resolvendo a proposta do tribunal sen esgotar o prazo legal para a interposición do recurso de alzada. “Se todo é tan claro como din o alcalde e a concelleira Figueroa, non debería haber problema en explicar cada paso e despexar calquera dúbida con transparencia”, afirma a portavoz popular.

Publicacións Relacionadas