HomeA CoruñaVolven os cursos básicos de poda e enxerto organizados polo Concello de...

Volven os cursos básicos de poda e enxerto organizados polo Concello de Carballo e Dixardín

- Anuncio -spot_img

Este ano celebraranse o 7 de febreiro en Oza, o 14 en Sofán e o 21 en Carballo

Volven os cursos de poda, unha actividade con moitísima demanda que se leva a cabo aproveitando a época idónea para poñer a punto as plantacións domésticas. Por quinto ano consecutivo, o Concello de Carballo e o centro especial de emprego Dixardín colaboran para seguir fomentando unha xestión axeitada dos recursos naturais.

Para intentar chegar a todos os recunchos do territorio municipal, os cursos son itinerantes. Nas catro edicións anteriores celebráronse en Verdillo, Outón-Rus, Artes, San Miguel de Vilela, Sísamo, Entrecruces, Imende (Noicela), Cances, A Brea, Ramil-Rus e Lema, e este ano levaranse a cabo segundo o seguinte calendario:

• 7 de febreiro: Oza
• 14 de febreiro: Sofán
• 21 de febreiro: Carballo
Os cursos realizaranse de 10.00 a 13.00 horas. As prazas son limitadas, e outorgaranse por orde de solicitude. Para inscribirse só hai que cubrir o formulario dispoñible na páxina web do Concello de Carballo. O prazo estará aberto desde o luns 12 de xaneiro ata completar as prazas dispoñibles. Terán preferencia as persoas empadroadas en Carballo.

Os cursos de poda enmárcanse no programa medioambiental Catro estacións, promovido polo Concello de Carballo coa colaboración do centro especial de emprego Dixardín, e vinculado á creación e mellora das zonas verdes e arboradas e dos espazos axardinados do noso concello. O principal obxectivo é implicar á veciñanza na conservación dos espazos públicos a través dunha serie de iniciativas orientadas a fomentar o coñecemento da nosa riqueza de flora, poñer en valor os recursos naturais do territorio e fomentar o respecto polas zonas verdes como bens comunitarios.

Publicacións Relacionadas