HomeXunta de GaliciaMáis de 700 colexios e institutuos participan este curso nas 40 iniciativas...

Máis de 700 colexios e institutuos participan este curso nas 40 iniciativas educativas do Plan Proxecta+

- Anuncio -spot_img

— Esta iniciativa, que aglutina os programas didácticos desenvolvidos desde as diferentes consellerías da Xunta, suma máis de 178.000 alumnos e 8.000 docentes

— Este curso incorpóranse dúas novas propostas centradas na internacionalización dos centros educativos e nos fondos europeos

Un total de 707 colexios e institutos participan este curso nas 40 iniciativas educativas impulsadas pola Xunta a través do Plan Proxecta+. No seu desenvolvemento implícanse máis de 178.000 alumnos e 8.000 docentes de todos os niveis educativos non universitarios.
Liderado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, o Plan Proxecta+ aglutina as diferentes iniciativas didácticas que ofertan as consellerías da Xunta en colaboración, nalgúns casos, con outras institucións. Este curso ofértanse 40 programas diferentes, con dúas propostas de nova incorporación.
Por unha banda, Internacionalización do centro educativo en colaboración con eTwinning, impulsado pola Consellería de Educación, persegue fomentar e mentorizar a creación e desenvolvemento de proxectos educativos de colaboración internacional virtual a través da plataforma eTwinning. Por outra, Fondos europeos, da Consellería de Facenda e Administración Pública, consiste no desenvolvemento dun proxecto de innovación educativa que afonde nos principios e os pilares de dereitos da Unión Europea, no fomento da cohesión económica e social dos países membros e das rexións que a conforman e na busca do crecemento e do benestar dos países e da cidadanía.
Os programas ofertados desenvolven as competencias clave completando o currículo educativo, os elementos transversais (como a educación en valores) e os obxectivos para o desenvolvemento sostible promovidos pola Axenda 2030 das Nacións Unidas. Afondan en ámbitos como a arte e o patrimonio, a igualdade e cidadanía, a lingua e a comunicación, a saúde e a sostibilidade e o consumo responsable.
Como é habitual, os programas con máis número de centros integrados son Proxectos de vida activa e deportiva, o incremento diario de actividade física que realiza o alumnado, seguido de Nutriescolas, unha iniciativa para que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados e desenvolva as competencias necesarias para facer eleccións saudables no futuro.
O número de centros integrados en cada programa recóllese na seguinte táboa:

Programas Centros participantes
Proxecto de vida activa e deportiva368
Nutriescolas104
Donas de si68
Proxecto Ríos48
Meteoescolas41
Proxecto Terra35
Apuntámonos a non beber32
Por 365 de respecto e igualdade32
Quérote+32
Parlamento xove27
Proxectos de innovación e dinamización lingüística25
Recíclate con Sogama25
Clases sen fume22
Mobilidade sostible e segura21
Proxecto didáctico Antonio Fraguas21
Vexo Veo Xacobeo20
Galicons-net17
Mestres gandeiros16
O monte vivo16
Protexe os animais16
Paisaxe e sostibilidade15
Escolas verdes polo clima13
Voluntariado miúdo: Móvete!13
Salvavidas12
Internacionalización do centro educativo en colaboración con eTwinning11
Nós tamén creamos!11
Pasaporte solidario11
Rapazas emprendedoras nas TIC11
Naturézate10
Fotografía en curso8
Rede de Centros Escolares Solidarios8
Rede de Eco Hortas Escolares8
Xente con Don8
Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional7
Educación patrimonial5
Fitofaladoiro5
Activistas polo mundo que queremos4
Fondos europeos4
Cinema en curso2
Educación en dereitos da infancia e cidadanía global0

Publicacións Relacionadas