HomePontevedraO BNG propón destinar a usos veciñais, culturais e de aparcadoiro a...

O BNG propón destinar a usos veciñais, culturais e de aparcadoiro a antiga estación de buses de Vigo

- Anuncio -spot_img

Rexeita a intención da Xunta e do Concello de derrubar as instalacións en lugar de aproveitalas para usos sociocomunitarios, como reclama a veciñanza da contorna

Xabier P. Igrexas: “Cando se cumpren 3 anos do seu peche e total abandono, o Bloque seguimos a reclamar que a antiga estación se converta nun espazo útil para a cidade”

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) propón que a antiga estación de buses de Vigo se destine a usos veciñais, culturais e como aparcadoiro público após as “moi preocupantes” declaracións do conselleiro galego de Facenda, Miguel Corgos, nas que afirmou que Xunta de Galiza baralla a posibilidade de derrubar a infraestrutura, que leva 3 anos pechada e abandonada.

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, insistiu na necesidade de aproveitar as instalacións da Avenida de Madrid para usos de carácter sociocomunitario, recollendo as demandas veciñais do barrio. “O conselleiro abriu a porta a que falla de acordo entre os Gobernos galego e municipal dilapide esta oportunidade”, afeou.

Igrexas esixiu a ese respecto que Xunta e Concello cooperen tras anos de enfrontamento para elaborar un proxecto de usos que conte coa participación da veciñanza e do tecido asociativo. Un plan de usos que, defendeu, atenda a “estrutural e histórica falla” de dotacións e servizos de carácter público da contorna ao tempo que avanza na mellora da integración urbana da antiga estación e a ampliación das zonas verdes.

Dende o Bloque propoñen aproveitar estas instalacións para espazos culturais, de uso veciñal e tamén para dotar de servizos como, por exemplo, a demanda dunha mellor atención das persoas maiores. Aliás, piden destinar o espazo inferior que ocupaban as dársenas para instalar un aparcamento público disuasorio nun punto da cidade como a Avenida de Madrid pola que circulan cada día máis de 50 vehículos.

Improvisación de Xunta e ConcelloO portavoz nacionalista contrapuxo estas alternativas coa “permanente improvisación e cambios de criterio” dos Gobernos galego e municipal sobre o futuro da antiga estación. “Por un lado, Abel Caballero que valorou a posibilidade de mantela en funcionamento para acabar propoñendo a súa desaparición para convertela nun ermo rodeado de viais e, por outro, a Xunta do PP que primeiro falou de destinala a centro de día e escola infantil para despois propoñer utilizala para o Centro de Asociacionismo”, lembrou.

Fronte a isto, o BNG ve imprescindíbel abrir un “debate construtivo e aberto” para planificar nas instalacións, pechadas dende hai tres anos, un “espazo útil para a cidade” en lugar de continuar coa lea partidista entre PSOE e PP.

Publicacións Relacionadas