HomeA CoruñaO Concello presenta á Xunta o Plan Director da senda da AC-164

O Concello presenta á Xunta o Plan Director da senda da AC-164

- Anuncio -spot_img

O goberno local remitiu formalmente o Plan Director para a construción dunha senda peonil na estrada autonómica que une Guísamo e Ínsua, conecta A Coruña con Ferrol e, ademáis, constitúe un exio clave para a veciñanza ao concentrar servizos escenciais como a Casa do Concello, a Oficina de Correos, o Centro de saúde e entidades bancarias.

Bergondo, 12 de xaneiro de 2026.

O goberno local demandou que se priorice o inicio da actuación no tramo de Santa Marta, petición reiterada pola veciñanza.

Tras a reunión mantida o pasado mes de abril, o goberno local de Bergondo cumpriu o compromiso adquirido coa realización do estudio previo, no que se define un custo total estimado de 1,58 millóns euros, distribuídos en catro fases.

Dende Alternativa confían que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas inicie as actuacións pertinentes para converter este Plan Director unha realidade, mellorando a seguridade viaria e a mobilidade peonil no municipio.

Publicacións Relacionadas