HomeDeputaciónsDeputación OurenseLuis Menor reúnese coa directiva do Pabellón CF para escoitar as necesidades...

Luis Menor reúnese coa directiva do Pabellón CF para escoitar as necesidades do clube e apoiar a súa iniciativa inclusiva

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación puxo en valor a creación do novo equipo “Pabellón Inclusivo” e puxo a disposición a cooperación da institución provincial para seu desenvolvemento “dunha idea absolutamente magnífica dun club histórico para a cidade e a provincia”

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reuniuse no Pazo Provincial con membros da directiva do Pabellón CF, co obxectivo de coñecer as necesidades do clube e apoiar iniciativas desta entidade, como é o caso do novo equipo do “Pabellón Inclusivo”. Menor manifestou os seus parabéns “por esta idea absolutamente magnífica dun club histórico para a cidade e a provincia” e felicitou por elo á directiva, encabezada polo seu presidente, Fernando Martínez Lamas, quen agradeceu ao presidente da Deputación “a súa cooperación constante e boa disposición sempre”.

O presidente provincial, Luis Menor, lembrou o compromiso da Deputación de Ourense co fomento do deporte e trasladoulle aos membros da directiva a intención da institución provincial de continuar na senda de colaboración fronte as necesidades prantexadas, especialmente no que atinxe ao torneo que organiza este club  e que “sitúa e promociona á provincia de Ourense no deporte nacional”. No encontro tamén se ratificou que a Deputación mantén unha axuda para o funcionamento do club que seguirá a liña de anteriores exercicios.

Ademais do presidente provincial e do presidente do club, na reunión participaron tamén o asesor de Política Deportiva da Deputación, Diego Enrique Álvarez, así como os membros da directiva do Pabellón CF como o presidente honorario, Antonio Iglesias; o tesoureiro, Javier Nogueira; e os directivos Julio Soto Varela e Emilio López.

Publicacións Relacionadas