Un ano mais a Asociación cultural quinta do Piñeiro organiza o seu tradicional cocido que terá lugar o día 25 de xaneiro as 14:00h na casa cultural de Corzáns. Os asistentes poderán degustar un menú composto por sopa, cocido, auga, viño, refrescos, pan, sobremesa e café. Dito evento será para a axuda do festival Sementeira e Música 2025.
O prezo é de 22€ para adultos e 10€ para os nenos ata os 12 anos. As prazas son limitadas polo que os interesados deben anotarse antes do 22 de xaneiro nos seguintes teléfonos: 638450204 ou 686939855 ou a través do seu facebook: Quintadopiñeiro Sementeira Corzáns ou no seu instagram: @quintadopineirosementeira.
Por outra banda, co inicio do ano novo a asociación tamén anunciou a data da celebración da maioría de idade da Festa da sementeira e Música que terá lugar os días 8,9 e 10 de maio.



