HomePontevedraAs bibliotecas municipais entregan o premio do Reto RadioLector 2025

As bibliotecas municipais entregan o premio do Reto RadioLector 2025

- Anuncio -spot_img

O pasado 11 de xaneiro celebrouse o Día do usuario/a das bibliotecas. Desde o Concello de Redondela as Bibliotecas Municipais celebraron esa data entregando o premio do sorteo do Reto RadioLector 2025. Ao longo do ano 2025 lectores e lectoras puideron participar nun reto singular en colaboración coa Radio Municipal de Redondela: protagonizar a sección semanal “Literatura nas ondas”, do programa matinal “A Estación”, facendo recomendacións lectoras. Entre todas as persoas participantes sorteouse un lote de libros, que se entregou a Uxía García López, unha entusiasta lectora nova que foi a gañadora de dito sorteo.

Á entrega do premio ­fixérona na Biblioteca Xela Arias de Chapela o concelleiro de Ensino e Participación Cidadá, Alberto Álvarez, e a responsable da Biblioteca María José Villar. Ademais todas as persoas que participaron neste Reto RadioLector recibirán un agasallo para agradecerlles a súa colaboración, que poderán recoller na Biblioteca Xela Arias a partir de hoxe martes.

Publicacións Relacionadas