HomeDeputaciónsDeputación OurenseLuis Menor visita a Asociación de Dano Cerebral Adquirido para coñecer de...

Luis Menor visita a Asociación de Dano Cerebral Adquirido para coñecer de primeira man a posta en marcha do novo modelo provincial de cooperación co terceiro sector

- Anuncio -spot_img

Menor lembrou que este cambio de modelo de cooperación, froito dunha reunión mantida en xuño con máis de 50 organizacións sociais, estase a lograr unha maior facilidade e eficiencia nas relacións administrativas entre Deputación e as entidades sen ánimo de lucro

Con este novo modelo, que pretende optimizar a colaboración para prestar un mellor servizo á cidadanía máis vulnerable, a Deputación destinou un orzamento de 350.000 euros distribuídos en proxectos presentados por 53 organizacións

Unha desas entidades beneficiarias de ditas axudas provinciais foi a Asociación de Dano Cerebral Adquirido, que permitiu fortalecer a súa intervención nas dúas fases nas que actúa: subaguda (ambulatoria) e crónica (centro de día)

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou hoxe a nova sede da Asociación de Dano Cerebral Adquirido para coñecer de primeira man a posta en macha do novo modelo provincial de cooperación co terceiro sector. Na visita estivo acompañado pola deputada provincial de Políticas Sociais, Patricia Torres, e  director da área de Benestar, Jose Juan Cerdeira, mentres que pola parte da entidade estiveron o responsable de Xestión Económica da entidade, Pablo Martínez, ademais da secretaria, María Dolores Naval, e a directora de servizos, Noelia Luque.

Durante a visita, Menor lembrou que este cambio de modelo de cooperación, froito dunha reunión mantida en xuño con máis de 50 organizacións sociais, estase a lograr unha maior facilidade e eficiencia nas relacións administrativas entre Deputación e as entidades sen ánimo de lucro.

Con este novo modelo, que pretende optimizar a colaboración para prestar un mellor servizo á cidadanía máis vulnerable, a Deputación destinou un orzamento de 350.000 euros distribuídos en proxectos presentados por 53 organizacións.

Ao fío disto, o presidente provincial puxo en valor o traballo que realizan as entidades do terceiro sector na provincia “chegando a onde non chegas as administracións” o que permite que, entre todos, “logremos esa prestación de servizos á cidadanía”.

Así mesmo, destacou o “alto nivel” das entidades sociais na provincia de Ourense e comprometeuse a seguir colaborando con elas para poder agradecer con “feitos o seu compromiso social coa nosa provincia.

Visita á Asociación DCA

Unha desas entidades beneficiarias de ditas axudas provinciais foi a Asociación DCA cunha achega de 12.000 euros que permitiu fortalecer a súa intervención nas dúas fases do proceso nos que actúa dita entidade: tanto na subaguda (ambulatoria) como na crónica (centro de día).

Luis Menor dixo que mostra do acerto que supuxo este cambio de modelo de colaboración no que se aposta por proxectos “vémolo hoxe aquí, na calidade das instalacións e no servizo individualizado e profesionalizado que prestan a pacientes e familias”.

Pola súa parte, Pablo Martínez dixo que era “moi importante” a colaboración institucional da Deputación porque os programas sociais son “os que fan que estas entidades poidamos camiñar e ter así ese impacto na sociedade”.

Esta axuda da Deputación proporciona estabilidade económica ao proxecto da Asociación e valida a importancia dun enfoque sociosanitario que sitúa á persoa e á súa familia no centro da intervención.

Na visita, Luis Menor coñeceu o modelo integral de atención que desenvolve a entidade, especializado na atención ás persoas con dano cerebral adquirido e ás súas familias. Nun momento clave para a esta entidade que está en pleno crecemento, trala apertura da nova sede e coa consolidación dun recurso pioneiro na provincia: o centro de día terapéutico específico para a fase crónica do DCA.

Publicacións Relacionadas