HomeA CoruñaCambre sen Plan Xeral

Cambre sen Plan Xeral

- Anuncio -spot_img

Aínda que a situación actual do Concello de Cambre non permite poñer a mirada que se debera no Plan de Ordenación Municipal (PXOM), o grupo municipal fai fincapé en que non se debe postergar no tempo tratar o seus avances.

Alternativa continúa a defender a necesidade deste Plan para a mellora e o avance do municipio.

Despois da reunión mantida no mes de Xullo pola Comisión Especial do Plan Xeral de Ordenación Municipal o grupo retomará o asunto demandando información sobre os avances realizados na revisión do contrato coa empresa responsable, na resolución das máis de 1000 alegacións cidadás e a incorporación dos informes técnicos adicionais pertinentes.

O grupo municipal lembra a neglixente xestión do grupo de goberno de Unión por Cambre, que no seu mandato centrou os recursos municipais en avanzar numerosas recalificacións de terreos que favorecen a posible especulación urbanística no municipio. Con esta acaparación de recursos o PXOM quedou nun segundo plano impedindo o crecemento sostible e ordeado do municipio, igualando as oportunidades para que a veciñanza tamén poida avanzar.

Recalificacións que permitiron a construcción dunha polideportiva de xeito irregular, que se consolidara un edificio na Costa da Tapia cunha altura diferente á establecida, que se pretenda cementar con edificios a contorna das Casas Bailly, así como a Construcción dun Centro Comercial na mesma área, tamén a urbanización dos terreos enfronte ao CEIP Portofaro.

O punto común de todas estas actuacións é que non estaban dentro dun planeamento ordeado: non tiveron en conta ás problemáticas de tráfico ou colapso existente no Temple, tampouco a inexistencia de servizos públicos para cubrir un incremento de poboación tan alto e, sobre todo, que non impulsan a Cambre, senón a intereses particulares de persoas, constructoras e empresas privadas.

Cambre continúa a pagar as consecuencias dunha xestión centrada nos intereses particulares dun grupo municipal.

Publicacións Relacionadas