HomeA CoruñaInés Rey recibe o novo director da AESIA, Alberto Gago

Inés Rey recibe o novo director da AESIA, Alberto Gago

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa ofreceulle o apoio e a colaboración institucional do Concello ao representante da axencia estatal

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, mantivo esta mañá unha reunión institucional con Alberto Gago Fernández, novo director da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), con sede na cidade.

Durante o encontro, Rey puxo en valor o traballo que está a desenvolver a AESIA e ofreceulle ao seu novo director toda a cooperación do Concello, co desexo dunha frutífera andadura á fronte da axencia.

Durante a reunión, Inés Rey expresou o apoio do Goberno municipal ao labor da AESIA e puxo en valor a súa implantación na Coruña. “A presenza desta Axencia reafirma o posicionamento da cidade como referente no ámbito da innovación tecnolóxica con garantías democráticas e supervisión pública”, sinalou a rexedora, quen tamén destacou a vontade do Concello de seguir colaborando activamente para facilitar o seu desenvolvemento.

Rey recordou tamén que este ano o Concello afrontará a rehabilitación do edificio da Terraza, que será a sede definitiva da axencia na Coruña.

Publicacións Relacionadas