HomeA CoruñaO Grupo Socialista critica que o goberno de Goretti Sanmartín pretenda decidir...

O Grupo Socialista critica que o goberno de Goretti Sanmartín pretenda decidir o futuro da auga sen documentación suficiente para adoptar unha decisión

- Anuncio -spot_img

O voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, alerta de que o executivo municipal pretende resolver este venres a xestión da auga sen a documentación nin a información necesarias para fundamentar o modelo de xestión máis axeitado.

Ante a celebración da Comisión do Ciclo Integral da Auga, convocada para este venres co obxectivo de analizar a forma máis eficiente e sostible de xestión da auga, o Grupo Municipal Socialista advirte de que o goberno municipal pretende avanzar cara a un cambio de modelo sen achegar a documentación técnica imprescindible.

O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, sinala que a ausencia de informes económicos, xurídicos e técnicos impide un debate serio e rigoroso sobre unha decisión transcendental para o futuro da cidade. Neste sentido, Guinarte critica que “o debate está baleiro de datos”, ao non facilitarse información suficiente que permita avaliar con garantías as distintas alternativas de xestión.

O voceiro explica tamén que “esixir información non é falta de posición; é ter unha posición de responsabilidade cara o diñeiro público” e que “Santiago non pode seguir agardando mentres o contrato segue nun limbo legal”.

“O Grupo Municipal Socialista está listo para debater, pero sobre realidades e números, non sobre intencións sen concretar”, conclúe Guinarte.

Na orde do día da comisión do venres, figura a análise dun informe da Fundación Universidade da Coruña (FUAC), que sinala textualmente que “non existen razóns legais nin económicas que permitan deducir de maneira automática, a partir dunha análise abstracta, un modelo adaptado ás peculiaridades da situación de Santiago de Compostela. Pola contra, a escolla debe ser o resultado dun proceso indutivo, derivado do contexto técnico, económico e xurídico concreto”.

A partir desta análise, e sen base suficiente para tomar decisións, Guinarte insiste: “Instamos ao goberno a que deixe de dar voltas e presente un proxecto serio”.

Publicacións Relacionadas