HomePontevedraO Concello outorga a  Guillermo García Alonso o recoñecemento “Orgullo redondelán”

O Concello outorga a  Guillermo García Alonso o recoñecemento “Orgullo redondelán”

- Anuncio -spot_img

O Concello de Redondela acolleu este mediodía a recepción ó deportista Guillermo García Alonso . O deportista acadou esta temporada grandes éxitos a nivel nacional e autonómico quedando primeiro na copa de España de ciclocross  2025/26 en categoría cadete,  primeiro  no campeonato galego de  XCO 2025 en categoría cadeteterceiro no campeonato de España de ciclocross 2025/26 en categoría cadete.

Hoxe recibiu o diploma “Orgullo redondelán” e a insignia do Concello de mans da alcaldesa, Digna Rivas, e do concelleiro de Deportes, Antonio Cabaleiro, como “recoñecemento e homenaxe” polo seu traballo e méritos deportivos. Para a alcaldesa é “un luxo” que este municipio conte con deportistas “ao máis alto nivel no ciclocross e augúrolle moitos éxitos no futuro a Guillermo  García que  con tan só  15 anos xa ten gañado a copa de España “.

Guillermo García ten un gran palmarés  desde o ano 2024  ata o día de hoxe

    -Primeiro da copa Galicia de XCO 2024 en categoría infantil.

-Primeiro no campeonato galego de XCO en 2024 en categoría infantil.

-Primeiro no campeonato de España XCO 2024 en categoría infantil.

-Primeiro no campeonato galego de DH 2024 en categoría infantil.

-Primero da copa Galicia de ciclocross 2024/25 en categoría cadete.

– Segundo no campeonato de Galicia de ciclocross 2024/25.

-Primeiro da copa Galicia de XCO 2025 en categoría cadete.

-Primeiro no campeonato galego de XCO 2025 en categoría cadete.

-Primeiro na copa de España de ciclocross en 2025/26 en categoría cadete.

-Terceiro en el campeonato de España de ciclocross 2025/26 en categoría cadete.

Publicacións Relacionadas