HomeA CoruñaLópez Campos aborda coa alcaldesa de Ribeira as vantaxes da modificación da...

López Campos aborda coa alcaldesa de Ribeira as vantaxes da modificación da Lei do Patrimonio Cultural para axilizar trámites e reducir tempos

- Anuncio -spot_img

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe unha xuntanza coa alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, coa que abordou as vantaxes que a adaptación da Lei do Patrimonio Cultural permitirá a este municipio, así como aos do resto da Comunidade, para axilizar trámites e garantir unha protección máis eficaz dos bens patrimoniais. Ademais, tamén afondou coa rexedora sobre cuestións vencelladas co seu departamento, que resultan relevantes para este concello do Barbanza, como a renovación das infraestruturas culturais ou a programación de actividades, poñendo o foco nas conmemorativas do 25 aniversario do Museo das Artes do Gravado á Estampa Dixital.

Neste encontro, o representante da Xunta explicoulle polo miúdo como repercutirán as modificacións previstas na Lei de acompañamento dos Orzamentos para a Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. En concreto, fíxolle fincapé en que permitirán reducir os tempos de espera, tanto por parte da cidadanía como das institucións, co obxectivo de que o coidado do patrimonio non supoña un impedimento para o desenvolvemento de proxectos vitais ou profesionais. Neste senso, cómpre subliñar que a Xunta de Galicia é a única administración autonómica que actualmente informa dos bens de todo o territorio con independencia de cal sexa o seu grado de protección, o que supón a xestión cada ano de 30.000 expedientes cun prazo de resolución aproximado de entre seis e 12 meses.

Publicacións Relacionadas