HomeOurenseA Policía Local informa dun corte de tráfico este domingo ás 12.00h...

A Policía Local informa dun corte de tráfico este domingo ás 12.00h por unha concentración diante da Subdelegación

- Anuncio -spot_img

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que unha concentración convocada pola Asociación de Gandeiras e Ganadeiros Galegos, ocasionará un corte de tráfico diante da Subdelegación do Goberno en Ourense este domingo, día 18 de xaneiro, desde as 12.00, até aproximadamente as 13.00 horas.

Durante este corte de tráfico, os autobuses urbanos seguirán percorridos alternativos:

  • Cara ao Parque San Lázaro, dende a zona do Xardín do Posío, avanzarán polas rúas Pena Trevinca, Habana e Curros Enriquez.
  • Cara ao Xardín do Posío, irán por Curros Enríquez, Habana, Praza de Concepción Arenal e Progreso.

Publicacións Relacionadas