HomeVigoO PorriñoA rolda de reunións do alcalde de Caldas de Reis polo rural...

A rolda de reunións do alcalde de Caldas de Reis polo rural comeza unha media de máis de 30 asistentes en cada parroquia

- Anuncio -spot_img

Os vindeiros encontros celebraranse a vindeira semana nos locais sociais de San Clemente (luns 19), Carracedo (martes 20), Bemil (mércores 21) e Saiar (xoves 22), ás 19.30 horas

Jacobo Pérez agradece a implicación da veciñanza e confirma que varias das demandas realizadas serán estudadas para poder incluílas nos Orzamentos de 2026

As primeiras convocatorias dentro da rolda de reunións que o alcalde, Jacobo Pérez, está a manter coa veciñanza das parroquias do rural de Caldas de Reis están a resultar todo un éxito de asistencia. Na tarde deste pasado xoves finalizou o primeiro bloque destes encontros, nos que o rexedor caldense recibe de xeito persoal a cada unha das persoas que se achega aos correspondentes locais sociais nos que se desesenvolve esta iniciativa, en horario de tarde. Esta semana, as reunións tiveron lugar en Arcos da Condesa (luns), Santa María (martes) , Godos (mércores) e San Andrés (xoves). Ata o de agora, asistiron a estas reunións unha media aproximada de 30 veciños e veciñas por reunión. Jacobo Pérez afirmou que “estamos moi contentos e agradecidos pola alta participación, para nós é unha prioridade que a proximidade con toda a cidadanía sexa transparente, permanente e real e nesa liña imos a continuar traballando”. As vindeiras reunións no rural continuarán na vindeira semana, todas a partires das 19.30 horas, nos locais sociais de San Clemente (luns 19), Carracedo (martes 20), Bemil (mércores 21) e Saiar (xoves 22). En vista da gran acollida que está tendo esta iniciativa, o Goberno local prevé realizar novas convocatorias no futuro, de cara a continuar recollendo suxestións e escoitando propostas dos veciños e veciñas do rural e para facilitar a comunicación directa entre o alcalde e todas as persoas que, por motivos familiares, laborais ou por falta de medios para desprazarse, non poden acudir ao Consistorio en horario de mañá.

O alcalde de Caldas de Reis explica que ao longo desta semana recollérsonse varias demandas que serán estudadas polo equipo de Goberno. Pérez Gulín adiantou que a varias delas “imos a buscarlle encaixe dentro da elaboración do Orzamento deste ano para que poidan ser unha realidade o antes posible”. A limpeza e o mantemento, cuestións que tamén son prioritarias para o Concello, son temas que tamén xurden nestas reunións. “Tomamos notas de todas estas peticións e moi pronto comezaremos xa a dar solución a algunha das problemáticas que se nos prantexaron”, concluíu o rexedor socialista.

Publicacións Relacionadas