Unha vez que Salvaterra de Miño entrou na selección de concellos que participan na primeira fase do proxecto de “Desenvolvemento, implantación e posta en marcha dunha rede autonómica de estacións dixitais de monitorización de sistemas de abastecemento de auga potable en alta” convocada no ano 2024, a alcaldesa de Salvaterra de Miño o tenente de alcalde mantiveron a primeira reunión de toma de contacto. A reunión serviu para describir as actuacións especificas de dixitalización do sistema de abastecemento en alta que se van a realizar no Concello de Salvaterra de Miño e que se engaden as xa realizadas polo Concello en dixitalización tanto na rede de abastecemento como na de saneamento.
A finalidade deste proxecto é colaborar cos concellos para a adopción de ferramentas que permitan a xestión e operación en remoto e en tempo real dos sistemas de abastecemento en alta, a través da implantación e posta en marcha dunha serie de estacións dixitais de monitorización, ademais de proporcionar a Augas de Galicia un sistema de información que lle permita recompilar, visualizar e compartir información relativa ao funcionamento dos sistemas monitorizados, como medio de supervisión e control do uso do recurso.
En concreto, actuarase na captación ubicada en Ponte Cordeiro, mediante a implantación dunha medición e rexistros de caudais captados no bombeo. Implantarase tamén unha estación de medición e rexistro de sinais en estación de tratamento de auga potable e monitorización de consumos enerxéticos na ETAP e nos depósitos ademais da medición e rexistro de niveis e caudais realizarase a medición de cloro e turbidez con subministración eléctrica. O total de obras a realizar están valoradas en máis de 40.000 euros.



