HomeA CoruñaLópez Campos aborda co aldalde de Arteixo as vantaes dos cambios da...

López Campos aborda co aldalde de Arteixo as vantaes dos cambios da Lei de patrimonio cultural que suporá unha protección dos bens máis áxil e eficaz

- Anuncio -spot_img

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse hoxe co alcalde de Arteixo, José Carlos Calvelo, para abordar cuestións vencelladas coas súas áreas competenciais de relevancia para este concello, entre as que se atopa a adaptación da Lei do Patrimonio Cultural, que lle permitirá as Administracións locais unha protección máis áxil e eficaz dos seus bens patrimoniais. Ademais, tamén analizaron posibles vías de colaboración para a renovación de infraestruturas e a posta en marcha de actividades e programacións culturais neste concello coruñés.

Con respecto ás modificacións previstas na Lei de acompañamento dos Orzamentos para a Lei 5/2016 de Patrimonio Cultural de Galicia, o representante do Goberno galego explicoulle ao rexedor que suporá reducir os tempos de espera, tanto por parte da cidadanía como das institucións, co obxectivo de que o coidado do patrimonio non conleve un impedimento para o desenvolvemento de proxectos vitais ou profesionais. Neste senso, cómpre subliñar que a Xunta de Galicia é a única administración que actualmente informa dos bens de todo o territorio con independencia de cal sexa o seu grao de protección, o que supón a xestión cada ano de 30.000 expedientes cun prazo de resolución aproximado de entre seis e 12 meses.

Publicacións Relacionadas