HomeA CoruñaA Pobra inaugura Castelao na vila da area ante un amplo número...

A Pobra inaugura Castelao na vila da area ante un amplo número de asistentes

- Anuncio -spot_img

· O alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, asistiron á apertura da mostra.

A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler viviu, onte, a inauguración da exposición Castelao na vila da area, que leva a firma de Che Tembra. A cita, á que asistiron o alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, congregou a un amplo número de asistentes. Ademais do propio autor da mostra, acudiron á apertura o rexedor de Boiro, José Ramón Romero, e Manuel Cartea, da Asociación Barbantia.

Na colección, conformada por unha trintena de pezas, Che Tembra propón ao público unha relectura contemporánea da figura e do legado de Castelao. Todo a través de cadros e caricaturas escultóricas elaborados en ferro, aceiro e madeira autóctona, materiais recuperados e transformados no obradoiro do artista en Fonte Susán (Taragoña, Rianxo).

As persoas asistente puideron gozar da arte de Tembra, pero tamén da actuación musical que ofreceu o grupo Barahúnda. Esta colección de pezas poderá visitarse durante os meses de xaneiro e febreiro na Casa da Cultura.

Publicacións Relacionadas