O Concello de Bueu sumouse ao minuto de silencio convocado pola FEMP e a FEGAMP en memoria das vítimas do terrible accidente de ferrocarril de Adamuz.
O acto tivo lugar este luns, 19 de xaneiro de 2026, ás 12.00 horas diante do Concello, e concebiuse coma unha mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as súas familias. Félix Juncal, alcalde da vila, mostrou o agradecemento ao labor de todos os servizos médicos, de emerxencia e os xestos solidarios de todos os voluntarios que están a axudar ás persoas afectadas.
No acto participaron concelleiros e concelleiras da corporación municipal, traballadores e traballadores do Concello e cidadanía en xeral.



