- Os grupos de máis de 4 persoas deben inscribirse do 3 ao 11 de febreiro
O Entroido xa asoma na Guarda e estamos a un mes do desfile, o venres 20 de febreiro ás 20:30 horas.
Comparsas, carrozas, grupos…percorrerán as rúas da Guarda enchéndoas de cor e música. O prazo de inscrición é do martes 3 ao mércores 11 de febreiro, ambos incluídos, a través do rexistro ou da sede electrónica.
Haberá percepción económica para os grupos, comparsas e carrozas, apoiando o seu esforzo e traballo. Podedes consultar as bases na sede electrónica e na web do Concello.
Os grupos pequenos (máx. 4 persoas), parellas e persoas individuais poden participar no desfile sen inscrición previa, cumprindo coas bases establecidas.
Anímate a ser parte do Entroido da Guarda 2026!



