HomePontevedraO Concello de Soutomaior pon en marcha un Aula Menor en Arcade

O Concello de Soutomaior pon en marcha un Aula Menor en Arcade

- Anuncio -spot_img

Trátase dun Programa de aprendizaxe continua que combina a formación en liña e a titorización individualizada  á que se suma o Concello de Soutomaior co fin de mellorar a cualificación profesional das persoas adultas a través do seu modelo formativo.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, e a orientadora laboral de Soutomaior, María Domínguez, presentaron hoxe a Aula Mentor de Soutomaior. Unha iniciativa que o Concello de Soutomaior pon en marcha en colaboración co Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, para a cal conta cunha axuda de 4000€ financiados a través da convocatoria de axudas a entidades locais territoriais para a creación de aulas mentor no marco do plan de recuperación, transformación e resilencia.

Trátase dun Programa de aprendizaxe continua que combina a formación en liña e a titorización individualizada  á que se suma o Concello de Soutomaior co fin de mellorar a cualificación e recualificación profesional das persoas adultas a través do seu modelo formativo, que se adapta ás necesidades e ritmo de aprendizaxe individuais coa que se achegan os recursos á veciñanza de Soutomaior. A aula de Soutomaior comezará a funcionar desde finais de xaneiro de 2026 e estará situada no Multiúsos en Arcade  onde alumnado disporá do equipamento necesario para poder seguir con éxito cada un dos cursos.

A oferta formativa de Aula Mentor conta cun amplo catálogo de cursos organizados en diferentes áreas formativas e itinerarios que permiten acreditar estándares de competencia  e para os cales non se exixen requisitos previos para a súa matriculación.

A matrícula nos cursos é flexible durante todo o ano (agás agosto).  A aula funcionará so seguinte xeito:

    • Asesoramento da administradora da aula para que as persoas tomen unha decisión informada e axeitada aos intereses e expectativas.

    • O prezo único para todos os cursos de 48 € (para una duración inicial de dous meses). Excepcionalmente, o catálogo oferta cursos dun mes de duración cun custe de 24€.

    • Plataforma virtual con acceso a materiais de estudio, actividades e recursos adicionales. 

    • Apoio e titoría en liña individualizada a través da plataforma virtual.

    • Aula Soutomaior equipada con ordenadores con conexión a internete impresora para facilitar os recursos necesarios ao alumnado que non conte con estes recursos materiais.

    • Cursos con certificado expedido polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Unha vez realizada a matrícula na Aula Mentor o alumnado accede á plataforma virtual de aprendizaxe onde se desenvolve o curso. Nesta contorna compártense os recursos, materiais e actividades para o seguimento do curso e establécese a comunicación co titor ou titora que lle fora asignado.

Todos os cursos do Programa de Formación Aberta Aula Mentor están deseñados para mellorar as competencias básicas e profesionais da poboación adulta, ampliar a súa cultura e fomentar o desenvolvemento das súas capacidades, utilizando contornas formativas apoiadas nas tecnoloxías da información e a comunicación.

O mércores 28 de xaneiro ás 12:30h a administradora da aula de Soutomaior (Orientadora laboral do Concello) dará unha charla informativa e explicativa sobre como funciona a plataforma. A asistencia será de balde e estará aberta a toda a cidadanía co fin de presentar o funcionamento da plataforma e o conxunto de cursos que se ofrecen.

Publicacións Relacionadas