HomePontevedraArrancan os cursos para maiores “Equilibrio Vital”, Memoria Viva e como novidade...

Arrancan os cursos para maiores “Equilibrio Vital”, Memoria Viva e como novidade as clases de baile “Ritmo Vital”

- Anuncio -spot_img

– Como novidade este ano haberá clases de baile, logo do éxito que tiveron entre os maiores no programa de verán. Impartiranse tamén as de memoria e Tai Chi. As actividades realízanse en todas as parroquias “para que todos os veciños e veciñas poidan acceder a estes servizos sen ter que desprazarse”, sinala a alcaldesa, Digna Rivas.

– Todas as actividades son de balde, organizadas pola concellería de Maiores que dirixe Iria Vilaboa. O programa ten como obxectivo “previr o deterioro físico e cognitivo das persoas maiores, mellorar a súa calidade de vida e fomentar as relacións sociais”. As actividades son “un éxito” e o número de participantes increméntase cada ano.

No mes de febreiro comezan os programas para maiores de 55 anos “Equilibrio Vital”, “Memoria Viva” e o de baile “Ritmo Vital”. As clases de baile son a novidade deste curso, e súmanse aos obradoiros de memoria e as clases de Tai Chi que se imparten desde hai anos. A modalidade de baile estreouse o pasado verán con clases ao aire libre e tivo unha gran acollida entre o público. “En resposta á demanda dos veciños e veciñas incorporamos o baile tamén ás actividades anuais”, explica a alcaldesa Digna Rivas. O Concello fai así un esforzo “para mellorar a calidade de vida dos nosos maiores”.

Estas actividades, que organiza a concellería de Maiores que dirixe Iria Vilaboa, impartiranse en 16 emprazamentos diferentes por todas as parroquias de Redondela. A alcaldesa sinala a importancia de que estas clases se impartan non só nos núcleos urbanos de Redondela e Chapela, senón tamén nas demais parroquias do municipios “para que todos os veciños e veciñas poidan acceder a estes servizos e teñan a oportunidade de participar nas actividades sen ter que desprazarse”. Todas as actividades son de balde, “para que todas as persoas o que o desexen poida asistir, independentemente da súa situación económica”. A rexedora salientou “a boa acollida destes cursos ano tras ano entre a veciñanza, que demanda estas actividades porque son un éxito rotundo”.

A concelleira, Iria Vilaboa, explica que os obradoiros que teñen como obxectivo “previr o deterioro físico e cognitivo das persoas maiores e mellorar a súa calidade de vida”. O número de participantes increméntase cada ano, con máis grupos en todas as parroquias. A valoración que fan os participantes é “moi boa”, xa que estas actividades permítenlles mellorar a nivel físico e mental, e ademais “fomentan as súas relacións sociais e melloran a calidade de vida”.

As clases de “Memoria Viva” celebraranse en 16 emprazamentos: Multiúsos Redondela, Multiúsos Chapela,  A.VV. Soutoxuste – O Eixo, Escola Vella Saxamonde, CC Vilar, CC Quintela, CC Cidadelle, CC Cedeira, CCD Cesantes, CC Ventosela – Miñoteira, A.VV. Chapela, ADC Rande, CC Sto Estevo, CC Cabeiro, CC Saramagoso, SLC Reboreda.

Os cursos de Tai Chi “Equilibrio Vital” serán en: Pavillón A Marisma- Redondela, Pavillón González Soto- Chapela, Escola Vella Saxamonde, CC Quintela, CC Cedeira, CCR Chapela, SLC Reboreda, CC Ventosela (Miñoteira), CC Saramagoso, CC Cabeiro, CC Sto Estevo, CCD Cesantes, CC Vilar. As clases de baile “Ritmo Vital” serán nos pavillóns de Redondela e Chapela.

As persoas interesadas poden facer a súa reserva no Concello de Redondela do 22 ao 30 de xaneiro, ambos incluídos. As clases comezarán en todas as parroquias no mes de febreiro.

Publicacións Relacionadas