HomeTerra de CelanovaA BolaO territorio de Terras de Celanova- Serra do Xurés protagoniza o especial...

O territorio de Terras de Celanova- Serra do Xurés protagoniza o especial de revístaa Turismo Rural presentado en Fitur

- Anuncio -spot_img

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, presentou a edición especial de revístaa Turismo Rural dedicada a dar a coñecer o destino fronteirizo máis occidental da provincia.

A publicación permite descubrir non só unha paisaxe máxica, senón que alberga mapas de recursos, propostas de actividades deportivas e culturais, así como unha completa guía turística para descubrir este territorio.

Conformado por quince concellos, o Xeodestino Terras de Celanova-Serra do Xurés é un dos territorios que a Deputación, a través do Inorde presentará nesta edición de Fitur. E faio a través do monográfico da publicación especializada de alcance nacional “Turismo Rural” que é a cabeceira de referencia para este segmento. Unha edición especial que ofrece unha completa guía de recursos, propostas e información útil para mergullarse neste destino fronteirizo, que comeza a tan só quince minutos da capital ourensá.

Desde os recursos imprescindibles por cada concello aos segredos mellor gardados de Barbadás, Cartelle, A Merca, Gomesende, Ramirás, Celanova, A Bola, Padrenda, Quintela de Leirado, Verea, Bande, Lobeira, Entrimo, Muíños e Lobios, a publicación recolle un bo número de propostas adaptadas para todos os públicos. Desde percorrer bosques máxicos e gozar de paisaxes de montaña ata visitar xacementos arqueolóxicos, mergullarnos en augas termais ou gozar dunha rica e variada gastronomía.

E é que este Xeodestino constitúe un territorio máxico, de bosques, montañas, auga e natureza, que o converten en referente para os amantes do sendeirismo, os deportes de montaña e o contacto coa natureza, xa que está atravesado pola Reserva da Biosfera do Xurés-Gêres e o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, de enorme riqueza de flora e fauna.

Así o destacaba o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, durante a presentación da publicación: “trátase de poñer en valor este territorio, terra de arraianos,de marcada personalidade, chea de recunchos por descubrir, patrimonio natural e histórico que hai que gozar con todos os sentidos”.

Termalismo e patrimonio

Porque tamén é un destino para descubrir a pegada do home, grazas ás súas igrexas, capelas, petos de ánimas e cruceiros ou os seus castros osus grandes construcións, como o de Mosteiro de Celanova ou a Canle do Ruca, unha das maiores obras de enxeñería hidráulica de Galicia.

Lugares todos eles recolleitos nun monográfico e guía que xa pode adquirirse en liña ou en papel en quioscos e librerías de toda España e que foi concibida co obxectivo de seguir impulsando unha oferta sostible e multiexperiencial á vez que fomenta o posicionamento turístico do xeodestino, obxectivo do convenio de Inorde con Turismo de Galicia e os municipios en base ao cal se levou a cabo esta acción.

Publicacións Relacionadas