HomeBaixo MiñoA GuardaA nova biblioteca municipal da Guarda continúa a súa posta a punto

A nova biblioteca municipal da Guarda continúa a súa posta a punto

- Anuncio -spot_img
  • A biblioteca e sala de estudos poderanse desfrutar desde este verán na antiga Casa do Concello

Continúan os traballos na antiga Casa do Concello para transformala na nova biblioteca e sala de estudos. A partir deste verán A Guarda poderá desfrutar dunha biblioteca e sala de estudos modernas e adaptadas ás necesidades actuais.

O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, afirma que “as obras son unha remodelación completa do espazo para converterse na biblioteca e sala de estudos que os guardeses e guardesas necesitan”.


As instalacións da biblioteca incluirán unha zona de consulta, unha zona infantil, unha zona de lectura e postos de informática. Ademais, abrirase a nova sala de estudos, que estará separada da biblioteca para dar maior independencia e maior flexibilidade horaria.

Esta sala de estudos contará con postos con conexión eléctrica para que os estudantes poidan usar os seus ordenadores e aparellos electrónicos. Para a adquisición do equipamento e mobiliario da nova biblioteca e sala de estudos, o Concello conta con 61.000€.

A reforma tamén se leva ao exterior con novas ventás, balcóns e tellado, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética. A inversión na reforma das cubertas rozou os 100.000€.


A reforma no interior da primeira planta conta cun orzamento de 157.376€, coa subvención do Plan +Provincia.

Publicacións Relacionadas