HomePontevedraUnha nova edición do programa NOVAS SENDAS achega a Soutomaior unha ampla...

Unha nova edición do programa NOVAS SENDAS achega a Soutomaior unha ampla oferta formativa

- Anuncio -spot_img

Este programa ten como obxectivo a formación en diferentes ámbitos, pero nesta ocasión, ademais de cursos habituais estará moi centrado nas novas tecnoloxías e tendo a IA moi presente.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e a concelleira de mocidade, Rosana Martínez Boullosa, presentaron nesta xornada unha nova edición de Novas Sendas un programa que forma parte da planificación estratéxica municipal de desenvolvemento local, no eido socio-formativo-laboral, para o ano 2026. As inscricións para todos os cursos deste programa serán todas en liña a abriranse o luns 26 de xaneiro ás 9:30h. en: https://soutomaior.gal/actividades/
Trátase dun programa que busca autonomía a través do emprego e a formación complementaria, un programa que ten unha continuidade na planificación municipal e que inclúe accións formativas destinadas á formación para o emprego, á formación continua-reciclaxe, á adquisición de novas competencias, á formación permanente e ao longo de todas a vida das persoas. Un programa destinado a toda a veciñanza con cursos para os máis novos e tamén os nosos maiores.
Un programa que conta cos seguintes cursos: Competencias dixitais avanzadas; IA coñece esta nova aliada; Domina a IA para multiplicar contido e minimizar o teu esforzo; IA Aprende unha nova linguaxe; Protección fronte as pantallas; Autonomía dixital. Os teus primeiros pasos para trámites e conexión dixital; Curso de escaparatismo; Creación de contido con intelixencia artificial; Carretas elevadoras; O meu móbil, a miña ventana ao mundo dixital; Fai crecer a túa marca dixital; Intelixencia na procura de emprego; Manipulación alimentos;

Aplicación de productos fitosanitarios nivel básico; Aplica a intelixencia artificial no teu negocio; Ciberseguridade práctica. Blindando a túa vida dixital e o curso de Iniciación ao mundo dixital.
Con este Programa Municipal de Formación para a adquisición de competencias para a vida dende o Concello de Soutomaior teñen como obxectivo mellorar a empregabilidade e facilitar a inserción no mercado de traballo das persoas desempregadas do municipio e tamén axudar ao crecemento intelixente, sostible e integrador do municipio.
O Concello de Soutomaior proxecta desenvolver durante o ano 2026 este programa para que as persoas teñan oportunidades e poidan dar resposta aos desafíos que se lles presentan no actual contexto, para o cal ofrecen unha ampla e variada oferta formativa que se desenvolverá nesta fase ao longo dos meses de febreiro a xuño.

Publicacións Relacionadas