HomeA CoruñaO Concello ofertará case o dobre de prazas de educación infantil a...

O Concello ofertará case o dobre de prazas de educación infantil a partir do próximo curso

- Anuncio -spot_img


● O goberno local ha recibido esta semana as obras que transformaron a antiga unitaria de Xarío nunha nova escola infantil.

● As prazas para nenas e nenos de 0 a 3 anos pasan das 76 actuais a 129.

● A actuación contou cun orzamento de 265.970,05 euros financiados través dos fondos europeos Next Generation.

O Concello de Miño recibiu esta semana as obras que transformaron o edificio que albergaba a antiga escola unitaria de Xarío nunha nova escola infantil, o que permitirá ofertar case o dobre de prazas de 0-3 anos para o próximo curso, pasando das 76 actuais a 129.

O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, e outros membros do goberno local visitaron as novas instalacións, que contan con tres aulas, cada unha co seu propio patio, un comedor e zona verde. O proxecto contou cun orzamento de 265.970,05 euros, financiados a través dunha subvención con fondos europeos Next Generation canalizados a través da Xunta de Galicia.

O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, explica que “este é un investimento moi necesario xa que estamos a dar resposta a unha demanda crecente derivada do crecemento constante de poboación que estamos a experimentar, con máis de 7.000 habitantes e unha elevada porcentaxe de familias con nenos e meniñas”.

O rexedor lembra que “non ano 2019, cando chegamos ao goberno, había 56 prazas, e coa última ampliación que fixemos na Ceboliña chegamos ás 76 actuais, agora serán 129”.

Publicacións Relacionadas