HomeA CoruñaA Policía local de Ribeira sanciona a varias persoas polo depósito de...

A Policía local de Ribeira sanciona a varias persoas polo depósito de residuos na vía pública

- Anuncio -spot_img

• Fixéronse tamén varios apercibimentos por incumprimento da ordenanza municipal de limpeza

Axentes da Policía local de Ribeira sancionaron nos últimos días cunha infracción leve a varias persoas por depositar lixo fóra dos contedores habilitados e esparexer o seu contido na vía pública. Os axentes fixeron tamén varios apercibimentos polo incumprimento da ordenanza municipal de limpeza, que prohibe deixar bolsas no chan.
“É preciso poñer fin a actitudes incívicas que supoñen o incumprimento da normativa. Non podemos permitir que se ensucien as nosas rúas. As sancións e os apercibimentos son medidas disciplinarias que non gustan, pero que son necesarias para paliar situacións que ultimamente estanse acrecentando no noso municipio.

A veciñanza ten que saber tamén que existe un horario para o depósito do lixo nos contedores. Todos temos a responsabilidade de contribuír ao benestar social de coidar as rúas de Ribeira”, apuntou a alcaldesa María Sampedro.

A modificación da ordenanza municipal, no seu artigo 27 con data do 2018, establece que o horario de depósito de lixo nos contedores de ‘fracción resto’ é de 18.00 a 00.00 horas, coa excepción dos residuos correspondentes ás fraccións de recollida selectiva de papel-cartón, envases lixeiros e vidro, que poderán depositarse a calquera hora do día.

Publicacións Relacionadas