• A alcaldesa, Ana María López, indica que “este goberno está a negociar cos sindicatos para poder abordar @dicha RPT e seguir avanzando neste asunto de vital importancia para o devir do noso concello”.
O Concello de Cariño, #ante as diversas informacións publicadas nos últimos días sobre a situación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, considera necesario realizar unha aclaración co obxectivo de ofrecer unha información ordenada, rigorosa e transparente.
Ao comezo do actual mandato en 2023, o goberno municipal liderado por Ana María López manifestou de forma clara a súa total disposición a negociar os cambios necesarios na Relación de Postos de Traballo (RPT).
Neste momento, o Concello atópase á espera de que ditas propostas sexan formalmente notificadas para poder analizalas e abordalas no marco do diálogo co persoal municipal. O actual equipo de goberno non ten impedimento algún para alcanzar un acordo e proceder á aprobación da RPT. Con todo, a situación económica do Concello non permite asumir un incremento total e inmediato dos salarios do persoal municipal, aínda que si contempla facelo de maneira paulatina, algo que, ademais, o propio goberno considera xusto e necesario.
A falta de aprobación da RPT está a provocar, así mesmo, unha carencia de persoal para atender servizos básicos de competencia municipal, a pesar de tratarse de necesidades evidentes para a veciñanza.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, sinala que “este goberno sempre estivo disposto a negociar e continúa estándoo. A RPT é unha cuestión que non se resolveu cos gobernos anteriores e que agora se quere abordar con responsabilidade, diálogo e transparencia, sendo claros tanto cos traballadores como coa cidadanía sobre a realidade económica do Concello”.
Neste sentido, a alcaldesa indica que “este goberno está a negociar cos sindicatos, aos que se lles notificou o pasado luns, para que presenten nun prazo de 10 días todas as modificacións e detalles necesarios para poder abordar @dicha RPT e seguir avanzando nas negociacións, algo de vital importancia para o devir do noso concello”.
Na mesma liña, López engadiu que o compromiso do goberno municipal é “seguir traballando para atopar solucións equilibradas que atendan tanto aos empregados municipais como aos veciños e veciñas de Cariño”, e subliñou que, aínda sendo un goberno en minoría, está a traballarse para que, dunha vez por todas, a RPT poida ser referendada e executada tras tantos anos de inacción.



