HomeOurensePodemos Ourense esixe revisión das obras no Xardín do Posío ante o...

Podemos Ourense esixe revisión das obras no Xardín do Posío ante o posible dano ambiental e patrimonial

- Anuncio -spot_img

Podemos Ourense ven de denunciar ante a Consellería de Medio Ambiente e o Valedor do Pobo a situación que se está a vivir no Xardín do Posío, un dos principais espazos verdes e botánicos da cidade, debido ás obras en curso promovidas polo Concello de Ourense. Consideramos que existen indicios de que as intervencións realizadas non se corresponden co proxecto aprobado en pleno municipal e están a causar un “dano grave e posiblemente irreversible” ao parque.
O portavoz de Podemos Ourense, Francisco Diéguez, sinalou: “É inaceptable que un espazo emblemático da nosa cidade, con valores históricos, botánicos e sociais, estea a ser alterado sen garantías legais nin ambientais. Esiximos que se paralicen as obras mentres se comproba a súa legalidade e se adopten medidas para restaurar os danos xa causados.”

Podemos Ourense achegou fotografías, obtidas das diversas publicacións en redes daasociación Amigas das árbores, que amosan a degradación da vexetación e do solo, así como alteracións significativas no deseño histórico do Xardín do Posío. Pensamos que estas actuacións poderían vulnerar o artigo 45 da Constitución Española, a Lei 42/2007 de Patrimonio Natural e da Biodiversidade, a Lei 7/2008 de Protección da Paisaxe de Galicia e a Lei 2/2016 do Solo de Galicia.
Diéguez engadiu:
“O Xardín do Posío non é un solar calquera, senón un patrimonio natural da cidadanía. Non imos permitir que se destruía por decisións que non contan co respaldo da lei nin da veciñanza. Se a Consellería de Medio Ambiente non actúa de maneira inmediata, levaremos o caso á Fiscalía de Medio Ambiente para garantir a protección legal deste espazo.”

Seguiremos de cerca a evolución desta situación e manteremos a cidadanía informada sobre as actuacións que adopten as administracións competentes. Asi mesmo, desde Podemos facemos un chamamento á participación cidadá e á presión pública para garantir a protección do Xardín do Posío.

Publicacións Relacionadas