HomePontevedraO SalnésTelmo Marín deberá dar explicacións á veciñanza de Vilalonga sobre a súa...

Telmo Marín deberá dar explicacións á veciñanza de Vilalonga sobre a súa negativa a render homenaxe a Celso Bugallo

- Anuncio -spot_img

O grupo de Goberno do Partido Popular rexeita a proposta do BNG de facer unha homenaxe póstuma ao histórico actor poñendo o seu nome no futuro Centro Social da súa parroquia natal, da que foi un gran embaixador

O alcalde afirmou no Pleno que non vai apoiar propostas que presente o Bloque, o que demostra que “o señor Martín só pensa nas siglas políticas e non na sensibilidade da veciñanza”

O alcalde, Telmo Martín, terá que explicar á veciñana de Sanxenxo, e especialmente á xente de Vilalonga, as razóns polas que se nega a render unha homenaxe póstuma a Celso Bugallo, veciño desta parroquia e un dos grandes referentes do mundo do cine e do audiovisual galego e español nas últimas décadas. Así de rotundo amosouse o voceiro do Bloque Nacionalista Galego, Octavio González, logo de que o Partido Popular rexeitase a proposta presentada no Pleno de hoxe para que o futuro Centro Social de Vilalonga, o antigo CEIP O Cruceiro, leve o nome do emblemático intérprete. “O señor Martín e os membros do grupo de Goberno, especialmente as conocelleiras de Vilalonga, deben dar explicacións deste rexeitamento”, sinalou o edil nacionalista. “Somos moi conscientes de que o PP vota de xeito sistemático contra calquera moción ou suxestión que presenta o BNG, aínda que esas reivindicacións despois sexan tidas en contra, pero parécenos inaudito que Telmo Martín negue este recoñecemento a un dos embaixadores máis importantes que tivo este concello, e que sempre amosou un gran amor e orgullo polas súas raíces”, criticou González.

A moción do BNG nin sequera chegou a ser sometida a debate, ao votar o PP en contra da súa urxencia. “O Partido Popular e Telmo Martín están negando a posibilidade de que o futuro Centro Social de Vilalonga, que se está a reformar con Fondos Europeos, non leve o nome dun dos persoeiros máis importantes que tivo a parroquia. O alcalde toma esta decisión sen dar ningún tipo de explicación axeitada, pero xa deixou claro que esas instalacións non van levar o nome de Celso Bugallo”, reprochou Octavio González. O BNG tamén lamenta as afirmacións feitas polo señor Martín durante a sesión plenaria, nas que afirmou que o seu grupo non vai apoiar suxestións que sexan propostas polo noso grupo. “A súa falta de miras deixa patente que Telmo Martín só mira polas siglas políticas e non pola veciñanza”, lamentan os nacionalistas, que lembran que no pasado o Pleno aprobou o nomeamento de diferentes rúas “con nomes e propostas que non contaron co consenso da Corporación”, como sucedeu recentemente coas rúas San Antonio e Santa Rosalía, propostas que saíron do Partido Popular.

O BNG lamentan e censuran a falta de sensibilidade amosada por Telmo Martín, ao impedir que “unha persoa tan importante como Celso Bugallo non conte coa homenaxe e o recoñecemento que merece”.

Mercosur

Por outra banda, o BNG rexeitou unha moción unha moción presentada polo PP, sobre Mercosur. Octavio González afea aos ‘populares’ que o seu único interese nun tema tan sensible para o sector produtivo galego sexa saír na foto. “En febreiro de 2025 o Partido Popular votou a favor deste acordo, tanto en Europa como no Parlamento de Galicia. Agora, en cambio, afirman estar en contra. Non é serio que nun tema tan sensible nos despachos digan unha cousa e despois na rúa digan outra, só para amosar un suposto apoio, totalmente irreal, ao sector”, aseguran os nacionalistas.

O Bloque Nacionalista de Sanxenxo asegura que o PP “móvese na contradición permanente, sempre en función dos seus intereses. Desde logo, non pensan nos agricultores”. Asemade, os nacionalistas deixan claro o seu apoio sen fisuras aos profesionais deste sector. “Parécenos intolerable que se golpee ao pequeño produtor e sempre imos estar a carón dos afectados, non como o Partido Popular, que primeiro din que están moi contentos con Mercosur e despois votan en contra”, conclúen os nacionalistas.

Publicacións Relacionadas