HomeA CoruñaA CoruñaEste luns abren as inscricións para participar nas ‘XI Xornadas Gastronómicas Lacónicas’

Este luns abren as inscricións para participar nas ‘XI Xornadas Gastronómicas Lacónicas’

- Anuncio -spot_img

Esta nova edición desenvolverase do 6 de febreiro ao 8 de marzo

Os establecementos de hostalería que desexen participar poden anotarse desde mañá, luns 26, ata o 2 de febreiro

Este luns, 26 de xaneiro, ábrese o prazo para inscribirse nas Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos – ‘Lacónicas’. A 11 edición do evento gastronómico de referencia na cidade desenvolverase do 6 de febreiro ao 8 de marzo. Os establecementos de hostalería que desexen participar poderán anotarse ata as 14:00 horas do luns 2 de febreiro.

Os locais deberán participar baixo o modelo de ‘Menú Lacónicas, Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos’ e elaborar un menú tradicional baseado na proposta gastronómica popular da laconada. Cada un dos establecementos terá que ofrecer un único menú elaborado, principalmente, con produtos galegos de quilómetro 0.

Todos os menús deberá estar compostos por un primeiro (sopa ou similar), un prato principal (laconada) e unha sobremesa clásica (filloas e/ou orellas) ademais de incluír bebida (auga/refrescos/cervexa/adega de denominación de orixe galega) e café (opcional).

O prezo da proposta terá oscilar entre os 20 e os 40 euros por persoa.

A participación nestas xornadas é gratuíta. Quen desexe participar deberá solicitar un formulario online a través do correo electrónico laconicascoruna@gmail.com.

Publicacións Relacionadas