HomeXunta de GaliciaA Xunta de Galicia continúa coa súa aposta pola divulgación da...

A Xunta de Galicia continúa coa súa aposta pola divulgación da olería tradicional de Niñodaguia

- Anuncio -spot_img

― O director xeral de Comercio e Consumo e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia reuníronse esta mañá co alcalde de Xunqueira de Espadanedo para darlle un novo pulo á colaboración da Xunta a prol da olería tradicional de Niñodaguia


― Niñodaguia é un dos centros de olería tradicional de Galicia onde se celebra o Encontro de Cacharreiros impulsado pola Fundación Artesanía de Galicia desde 2014

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, reuníronse esta mañá en Xunqueira de Espadanedo co alcalde, Pablo Graña. O obxectivo do encontro é establecer futuras colaboracións co Concello para a divulgación da olería de Niñodaguia e darlle un novo pulo á aposta da Xunta de Galicia por esta olería tradicional, de xeito que repercuta tanto ao desenvolvemento do sector artesanal da zona coma do seu turismo.
A de Niñodaguia é unha das olerías tradicionais de Galicia, caracterizada polo barro de cor amarelo. Actualmente, hai dous obradoiros de olería localizados en Niñodaguia inscritos en Artesanía de Galicia. Un deles é Alfarería Agustín, do que o su fundador Agustín Vázquez, tamén estivo na reunión. Este obradoiro fundouse en 1975, conta xa con remuda xeracional desde o ano 2023 e ten participado en iniciativas coma o Corazón da Artesanía. Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que se celebra cada en Agolada, ou no proxecto Artesanía no Prato, no que se traballa pola incorporación da Artesanía de Galicia á gastronomía.
Museo da Olería de Niñodaguia
Nos últimos anos, a zona conta cun Museo da Olería de Niñodaguia que contribúe á conservación, recuperación e posta en valor do barro local e das formas tradicionais, así como do traballo dos oleiros. No ano 2025, o Museo celebrou a V Fornada Tradicional de Niñodaguia nos antigos fornos tradicionais de pedra, no marco da celebración dos Días Europeos da Artesanía, que contou co patrocinio da Xunta. O Museo de Olería de Niñodaguia é tamén a sede do Encontro de Cacharreiros que se celebra desde o ano 2014 e que se está a consolidar como unha referencia na divulgación e dinamización da olería e da cerámica. O Encontro de Cacharreiros conta co patrocinio da Xunta desde os seus inicios, chegando mesmo a asumir a organización do evento durante as súas primeiras edicións.

Publicacións Relacionadas