Debido ao avance das obras de mellora na rúa Pena Trevinca, concretamente no tramo situado entre as rúas Serra de Queixa e Monte Seixo, o Concello de Ourense informa de que as liñas 6, 11 e 13 do servizo de transporte urbano sufrirán modificacións nos seus itinerarios habituais a partir desta data e ata novo aviso.
Co obxectivo de garantir a mobilidade da persoas usuarias, establecéronse os seguintes desvíos alternativos:
Liña 6: Antiga Estación de Autobuses – As Curuxeiras
- Sentido As Curuxeiras: O traxecto realizarase pola rúa Emilia Pardo Bazán, desviándose pola rúa Serra Martiñá, rúa San Mamede e rúa Ramón Puga.
- Sentido Antiga Estación: Desde a rúa Ramón Puga, o autobús circulará pola rúa Serra Martiñá, rúa da Granxa e retomará o seu camiño por Emilia Pardo Bazán.
Liña 11: Santa Mariña – O Viso
- Sentido Santa Mariña: Circulará pola rúa Pena Trevinca cara á rúa Serra de Queixa (onde se habilitará unha parada provisional no cruce coa rúa Monte Medo) para continuar pola rúa da Granxa.
- Sentido O Viso: O percorrido irá pola rúa da Granxa, Serra Martiñá, San Mamede, rúa José Cornide, Nosa Señora da Saínza e rúa da Coruña.
Liña 13: Universidade Laboral – A Cuña – Palmés
- Sentido Berrocás – A Cuña (U. Laboral): O desvío realizarase desde a rúa Emilia Pardo Bazán cara á rúa da Granxa e a rúa dos Berrocás.
- Sentido Palmés: Desde a rúa Ramón Puga, o servizo pasará pola rúa San Mamede, Serra Martiñá e rúa da Granxa ata chegar de novo a Emilia Pardo Bazán.
Información adicional para as persoas usuarias: Durante o tempo que duren estas obras, os autobuses das liñas afectadas realizarán as paradas correspondentes a outras liñas que se atopen dentro dos seus novos percorridos alternativos.



