HomeA CoruñaAlternativa pide explicacións sobre a planificación dos arranxos viarios

Alternativa pide explicacións sobre a planificación dos arranxos viarios

- Anuncio -spot_img

As fochancas están a gañar protagonismo tanto en estradas do ámbito urbano como do rural. A situación actual da rede viaria de Cambre, especialmente en vías de competencia municipal, presenta un estado de deterioro notable.

Este deterioro supón un risco para a seguridade viaria, motivo polo que Alternativa solicitou explicacións ao goberno municipal sobre a xestión dos traballos de mantemento e reparación.

Segundo a información facilitada polo executivo local, as actuacións atopanse paralizados debido ás malas condicións metereolóxicas. Así mesmo, confirmaron que a planificación técnica se realiza dende a Brigada de Obras municipal, priorizando as intervencións en función da gravidade do deterioro e a organización de recursos.

Alternativa recibe numerosas queixas da veciñanza en diferentes puntos do municipio que traslada directamente ao goberno municipal, pero tamén esixirá o acceso ao “inventario de fochancas” para contrastar que se atopan rexistradas as incidencias que foron recollidas polo grupo.

Publicacións Relacionadas