HomeOurenseA LimiaA Xunta analiza co concello de Rairiz de Veiga posibilidades de colaboración...

A Xunta analiza co concello de Rairiz de Veiga posibilidades de colaboración a prol da dinamización do comercio deste municipio

- Anuncio -spot_img

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse hoxe coa alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade, para analizar posibles vías de colaboración en materia de dinamización do comercio local a prol de garantir o servizo desta actividade no municipio. Nesta liña, na xuntanza púxéronse de relevo os apoios enmarcados no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, unha folla de ruta elaborada xunto cos axentes implicados para fortalecer o comercio de proximidade, un sector clave para xerar emprego e dinamizar o territorio.

Entre eles, as axudas autonómicas á dixitalización e innovación comercial, á modernización, mellora da imaxe e eficiencia e á sostibilidade ambiental, das que se lanzou recentemente unha nova convocatoria dotada con case 4 M€. Outros apoios son os dirixidos ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro, dos que proximamente se publicará a convocatoria deste ano. No encontro tamén se fixo fincapé na importancia da colaboración coas entidades locais, aspecto que promove o Goberno galego en distintas iniciativas como Vilas Vivas —implantada xa en Ribadavia—.

Publicacións Relacionadas