HomePontevedraO SalnésO BNG apremia ao goberno local e que actúe canto antes na...

O BNG apremia ao goberno local e que actúe canto antes na estrada que une o catadoiro e arra para reforzar a seguridade peonil

- Anuncio -spot_img

Logo de que o alcalde afirmase que esa actuación está en proceso, os nacionalistas, que presentaron unha moción no Pleno solicitando a realización destas obras, instan a Telmo Martín a que acelere os trámites todo o posible para acabar coas deficiencias que presenta a zona

Neste tramo, que carece de beirrarúas, boa iluminación e presenta un firme moi deteriorado, xa se teñen producido varios accidentes, un deles mortal no ano 2007

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Sanxenxo alerta sobre o estado de abandono no que se atopa a estrada secundaria que une os lugares de

O Catadoiro e Arra, na parroquia da Adina. O deterioro do firme, a ausencia de medidas para paliar o exceso de velocidade, a falta de espazo para peóns e a mala luminosidade fan que este tramo, moi utilizado pola veciñanza de Portonovo e Noalla fundamentalmente, non cumpra cuns mínimos de seguridade viaria. Desde o Bloque instan ao alcalde, Telmo Martín, a que axilice os prazos para executar os traballos de reforzó da seguridade peonil, logo de que o propio Martín afirmase durante o último Pleno ordinario que o Concello ten previsto encargar ese proxecto.

Esta afirmación realizada polo Partido Popular chegou despois de que, unha vez máis, o Goberno local botase abaixo unha moción do BNG, neste caso encamiñada a impulsar medidas para rehabilitar esta vía. Na súa exposición, o concelleiro Adrián González advertiu das grandes deficiencias que presenta a estrada, cunha falta de mantemento “moi evidente” e con total ausencia de espazos para garantir un tránsito seguro a pé por parte de residentes e veciñanza. O exceso de velocidade que, en moitas ocasións, se rexistra nesta zona xa ten provocado varios accidentes, algúns deles moi graves, como o rexistrado no ano 2007, no que faleceu unha persoa. “Entendemos que o Concello debe acometer unha mellora integral entre O Catadoiro e Arra, máxime tendo en conta que esta estrada é moi utilizada no verán, tanto pola veciñanza como por visitantes, á hora de tratar de evitar os atascos que se rexistran na PO-308”, lembrou González.

Dentro da proposta que figura na moción nacionalista que denegou o Partido Popular inclúense medidas de calmado de tráfico, limitación de velocidade ou dotación de plataforma única en favor dos peóns. O BNG expresa o seu desexo de que a actuación se faga realidade, a pesar do voto en contra do PP. “Somos moi conscientes de que Telmo Martín nunca vai apoiar unha proposta presentada polo BNG, aínda que sexa unha petición que trasladan moitos veciños e veciñas de Arra e O Catadoiro, por unha pura cuestión política; pero agardamos que ao final se faga realidade, como xa ten sucedido con outras obras que se fixeron realidade despois de seren solicitadas polo noso grupo, como o arranxo do camiño en Rouxique, en Vilalonga, ou a dotación dunha Aula de Estudo en Portonovo”, sinalan os nacionalistas.

O BNG tamén incidiu na importancia de que o Goberno local poña o foco no rural de Sanxenxo, que “segue a padecer unha situación de abandono que non é aceptable” por parte de Telmo Martín.

Publicacións Relacionadas