HomeA CoruñaNeda sumarase ao proxecto “Reto rural dixital” para mellorar as competencias tecnolóxicas...

Neda sumarase ao proxecto “Reto rural dixital” para mellorar as competencias tecnolóxicas da veciñanza

- Anuncio -spot_img

O Concello de Neda participará na primeira quincena de febreiro no proxecto “Reto rural dixital”, unha iniciativa gratuíta, enmarcada dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, e destinada a formar á poboación adulta do municipio en competencias dixitais, coa finalidade de reducir a fenda existente e facilitar a súa integración nun mundo cada vez máis conectado. Está aberto o prazo para inscribirse na biblioteca municipal.
A administración local programa o denominado “curso básico”, que se impartirá na Casa da Cultura os días 9, 10 e 11 de febreiro, en horario de 10 a 13 horas aproximadamente. Serán en total oito horas de formación, dirixida exclusivamente a persoas adultas empadroadas no municipio.
Apuntan dende Fundación Orange e Fundación FDI, entidades que desenvolven a formación que, durante as sesións, abordaranse cuestións como o manexo do smartphone; manter a seguridade no teléfono móbil; coñecer aplicacións útiles no día a día; utilizar as redes sociais; aprender a identificar bulos e falsas novas e crear algúns contidos audiovisuais.
A veciñanza que queira sumarse a este cursiño básico de capacitación tecnolóxica debe apuntarse de forma presencial ou telefónica na Biblioteca municipal (981390233). Para impartir a formación deberá de formarse un grupo mínimo de 10 persoas.

Publicacións Relacionadas