HomeA CoruñaLópez Campos aborda co alcalde de Ponteceso os cambios de Lei de...

López Campos aborda co alcalde de Ponteceso os cambios de Lei de Patrimonio Cultural que permitirá ós concellos axilizar tramitacións e reducir esperas

- Anuncio -spot_img

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Ponteceso, Jose Manuel Mato, co que abordou a adaptación da Lei do Patrimonio Cultural, polas vantaxes que estes cambios lles suporán aos concellos, ao permitirlles axilizar trámites e garantir unha protección máis eficaz dos seus bens patrimoniais. Ademais, tamén afondou co rexedor coruñés sobre cuestións das súas áreas de competencia, como son a colaboración en programacións e na mellora de infraestruturas culturais, entre outras.

Neste senso, o representante da Xunta explicoulle que as modificacións previstas na Lei de acompañamento dos Orzamentos para a Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia permitirán reducir os tempos de espera, tanto por parte da cidadanía como das institucións, co obxectivo de que o coidado do patrimonio non supoña un impedimento para o desenvolvemento de proxectos vitais ou profesionais. Neste senso, cómpre subliñar que, na actualidade,  a Xunta de Galicia é a única administración autonómica que informa dos bens de todo o territorio con independencia de cal sexa o seu grado de protección, o que supón a xestión cada ano de 30.000 expedientes cun prazo de resolución aproximado de entre seis e 12 meses.

Publicacións Relacionadas