HomeOurenseOurenseO Concello de Ourense aproba as bases para a selección de proxectos...

O Concello de Ourense aproba as bases para a selección de proxectos da Escola Municipal Continua

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria tratou un total de trece asuntos de diversas áreas municipais.

A Xunta de Goberno Local, reunida esta mañá en sesión ordinaria, acordou a aprobación das bases que rexerán a selección de proxectos para a Escola Municipal Continua. Esta iniciativa busca dinamizar a oferta formativa e cultural e ofrecer un espazo de aprendizaxe permanente que responda ás demandas actuais da sociedade ourensá.

Outros asuntos da orde do día

I. Licenzas Urbanísticas, de Actividade e Disciplina

  • Vivendas unifamiliares:
    • Proxecto básico de construción de vivenda unifamiliar en Cardenao
    • Reforma dunha vivenda unifamiliar illada na rúa Regueiro Fozado
    • Cambio de titularidade da licenza de obra para unha vivenda unifamiliar na Urb. Pazo de Ramirás
  • Accesibilidade e ascensores:
    • Reforma de cinco portais e modernización de ascensores no Edificio Malingre (rúa Ervedelo e avda. de Portugal)
    • Instalación dun ascensor na rúa Vasco Díaz Tanco
    • Instalación dun ascensor na rúa Nicomedes Pastor Díaz
    • Instalación dun ascensor na rúa San Paio
    • Instalación dun ascensor e construción dun garaxe nunha vivenda na rúa da Amizade
  • Locais e outras reformas:
    • Reforzo estrutural da planta baixa nun local comercial na praza de Santa Eufemia
    • Legalización e terminación dunha reforma de vivenda na rúa Doutor Marañón

II. Patrimonio e Responsabilidade Patrimonial

  • Responsabilidade Patrimonial:
    • Reclamación por danos nun vehículo na OU-1211 (Entrimo)
    • Recurso de reposición por reclamación de lesións tras unha caída na rúa Ramón Cabanillas

Publicacións Relacionadas