HomeOurenseOurenseO PP de Ourense inicia o ano político reforzando a súa estructura...

O PP de Ourense inicia o ano político reforzando a súa estructura territorial coa aprobación de cinco novos congresos locais

- Anuncio -spot_img

·        O máximo órgano da dirección popular deu luz verde aos conclaves de Larouco, Xunqueira de Espadanedo, Lobios, Lobeira e Muíños 

·        O presidente provincial, Luis Menor, fixa como obxectivo estratéxico fortalecer a unidade e a capacidade de resposta ante a cidadanía: “As agrupacións sairán reforzadas e preparadas para encarar o traballo político para as eleccións municipais de 2027” 

O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde a súa primeira Xunta Directiva de 2026, marcando o inicio dun ano de “extensa e intensa actividade orgánica e política” coa aprobación dun novo calendario de congresos locais, que permitirá actualizar, renovar e fortalecer estas agrupacións en cinco municipios: Larouco, Xunqueira de Espadanedo, Lobios, Lobeira e Muíños, todos eles a celebrar entre os meses de marzo e abril.

Con estas convocatorias, o PP de Ourense continúa co proceso de actualización das súas estruturas locais iniciado o ano pasado. En 2025 celebráronse un total de 22 congresos, pechando o exercicio con 24 agrupacións actualizadas incluíndo Ribadavia e Pereiro de Aguiar, que se atopan actualmente en período oficial. A estes conclaves engádense as 12 xestoras locais postas en marcha ata o momento como resposta orgánica do partido para garantir a actividade das agrupacións.

Na reunión de hoxe e xunto á vicepresidenta Marta Novoa e á secretaria xeral Sandra Quintas, o presidente provincial, Luis Menor, subliñou que o obxectivo deste novo calendario congresual é consolidar o partido, fortalecer a unidade e a capacidade de resposta fronte ás necesidades da cidadanía. As agrupacións, asegurou, “sairán reforzadas e preparadas para encarar o traballo político para as eleccións municipais de 2027”.

Durante a intervención ante a Xunta Directiva, Luis Menor defendeu o modelo de facer política do Partido Popular, baseado na “serenidade”, afastándose do “ruído e a crispación”, á vez que asegurou que a forza do PP radica “na nosa ampla representación territorial” e na capacidade de “chegar porta a porta para escoitar á veciñanza, fronte a modelos baseados no “non” sistemático.

En clave electoral, Luis Menor insistiu nos “claros retos” que se marca o PP ante as eleccións municipais de 2027: recuperar a maioría absoluta na Deputación, superar as 54 alcaldías actuais e volver ser decisivos na capital da provincia.

ACTIVIDADE NA CIDADE E NOVAS XERACIÓNS

Durante a reunión, Luis Menor tamén puxo en valor o traballo da xestora local da cidade de Ourense, encabezada por Ana Méndez, que está a despregar unha estratexia de “escoita cidadá” centrada en áreas como a cultura, a vivenda, os maiores, o emprendemento feminino, a seguridade cidadá ou o reto da dixitalización na educación, entre outros ámbitos sociais, para deseñar unha alternativa de goberno municipal.

Así mesmo, o presidente provincial deu a benvida á Xunta Directiva a Martín Gil, quen asumiu a presidencia da xestora provincial de Novas Xeracións o pasado 30 de decembro, cualificando a substitución na presidencia como un proceso “natural e consensuado para seguir impulsando o traballo de mobilización da organización xuvenil en toda a provincia”.

Publicacións Relacionadas