HomeBaixo MiñoA GuardaO alcalde da Guarda recibe a Helena tras o remate da rodaxe...

O alcalde da Guarda recibe a Helena tras o remate da rodaxe do seu documental

- Anuncio -spot_img
  • O documental está realizado por estudantes do CIPF A Farixa e con protagonismo dos guardeses e guardesas

Esta tarde o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, recibiu a Helena Alonso. Helena encabeza un grupo de seis estudantes do ciclo de Produción de Audiovisuais e Espectáculos do CIFP A Farixa de Ourense para a realización dun documental.

“Entre o mar e terra” estivo gravándose durante esta semana na Guarda e pon o foco na memoria mariñeira da nosa vila, establecendo un diálogo e comparativa coa realidade actual.

Aínda que o “o relato se constrúe desde a experiencia do meu avó”, conta Helena, trátase dunha “historia compartida da nosa costa e, en xeral, de toda a Galicia mariñeira”. Helena e todo o equipo están moi contentos co resultado da rodaxe e con toda a axuda recibida, tamén do propio Concello.

O alcalde aproveitou a ocasión para “pedir facer a estrea na Guarda para que todos os guardeses e guardesas podamos desfrutar deste documental”.

Publicacións Relacionadas