HomeA CoruñaA Deputación elaborará un informe para denunciar xudicialmente á Xunta polo incumprimento...

A Deputación elaborará un informe para denunciar xudicialmente á Xunta polo incumprimento no financiamento da Dependencia

- Anuncio -spot_img

A proposta de Alternativa foi aprobada no pleno provincial


A situación de asfixia financeira que padecen os concellos galegos debido ao exercicio de competencias delegadas pola Xunta de Galicia chegou a un punto de non retorno. O caso máis flagrante é o da Dependencia e o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Mentres a Xunta de Galicia ostenta a competencia exclusiva en políticas sociais, son os concellos os que, na práctica, sosteñen o sistema. A administración autonómica limítase a transferir unha contía por hora que non cobre, nin de lonxe, o custo real que os concellos pagan ás empresas prestadoras ou ao persoal propio.

Esta diferencia, que debería ser asumida ao 100 % pola Xunta e o Estado, está a ser cuberta con fondos municipais, o que supón un detraemento de recursos para obras, cultura, deportes e servizos básicos locais. Recentemente, o acordo asinado entre a FEGAMP e a Xunta de Galicia non fixo máis que oficializar unha inxustiza. Ese convenio que establece para o 2028 unha aportación da Xunta de Galicia de 18 euros/hora, non cubrirá o 100% do custo do SAF, que neste momento xa está en 24 euros/hora e que con toda seguridade se verá incrementado proximamente de forma considerable. Aceptar migallas mentres as arcas municipais se baleiran para exercer competencias autonómicas é un erro que non podemos permitirnos por máis tempo.

Ante esta situación, Alternativa propuxo presentar unha denuncia conxunta por parte dos concellos da provincia. Co acordo aprobado hoxe, os servizos xurídicos da Deputación elaborarán un informe sobre a viabilidade xurídica da interposición dese recurso xudicial, ademais de reclamar novamente que a Xunta aporte o 100% do financiamento do SAF aos concellos.

Publicacións Relacionadas